martes, 25 de diciembre de 2007

Un poeta de Redes (Ares)

GUILLERMO CARBALLO PORTA
Aínda que sabemos que na Revista núm. 1 “A Tenencia”, da Agrupación Instructiva de Caamouco aparece un artigo sobre este poeta, e quizá haxa moitos mais, vamos a facer mención a un artigo publicado os poucos días do seu óbito no ano 1982.

No xornal “La Voz de Galicia” do día 4 de Xuño de 1982, “Raxeira” dende Pontedeume falaba do falecemento, poucas datas atrás de Guillermo Carballo Porta.

Dicía que fora un bo galeguista e que tivera que fuxir con moita presa da súa terra para se salvar, como lle acontecera a moitos mais.

Foi emigrante en Cuba, ande fixo moitas e boas amizades, e aínda da hoxe, o cabo de moitos anos, as seguía mantendo e alentando coas remesas de traballos seus, colaborando nos xornais que estes amigos cubanos dan o prelo, hoxe en Miami.

Máis tarde, emigrado, coa súa familia, viviu en Barcelona, o Pisa, o que moitos coñeciamos como o «embaixador» o poeta de Redes. ¿E quén non pasaría por alí, polo seu lar, sen ter unha pequena paraxe?
Mariñeiros, da mercante, en ruta: enfermos, camiño dalgunha clínica barcelonesa; e outros moitos que de calquera xeito tiñan relación co seu traballo de axente comercial (representaba moitas marcas comerciais galegas). Alí atopábase o consello, a axuda que naquel intre necesitábase, Pero non moitos sabíamos que era poeta.

As poesías diste amigo son un fel reflexo do seu sentir galego. Aínda que el non quixera, non podería negar que todas elas mostran os sentimentos propios dun ser desta terra: saudade, morriña, medo, lembranzas da nenez, e porque non ledicias as veces.

Os currunchos da comarca de Redes, Ares, Pontedeume, Caamouco, as súas praias, montes, romarías, etc., tiveron neste home o seu cantor. E quizais que un dos meirandes defectos de Carballo, foi o ser sinxelo e nada creído do seu traballo. De aí ven que a súa poesía sexa moi popular e o alcance de calquera, desa crase que chega o fondo da alma, Non sei da súa vocación denantes de coñece-lo, pro si sei, que se nono foi; errou a súa carreira non sendo mariñeiro. As lanchas, e o mar son as verbas máis repetidas no seu facer.

Ollar a poesía de Carballo e olla-lo a el. Analíza-la e encontrar o seu velliño corazón dentro dela.

A derradeira delas, páresme, foi feita para encher unha publicación para Miami, e tratábase sobro da noite boa.
O seu labourar non foi académico, nin de dicionario, senón autodidacta baseado nunha mestura de verbas galegas, casteláns, xiros cubanos e as veces da terra onde vivía e que lle deu a mantenza. Así deixou prosa e poesía en galego e en castelán.

Os programas de radio galega en Barcelona tamén contaron coas súas achegas literarias, e así moitos sábados pola mañá podíanse escoitar os seus poemas na «Galicia esquina verde de España” que unha emisora espallaba nun programa abdicado os galegos en Cataluña.

E grande o monllo de títulos: «Miña ría de Ares», «El mar que baña mi pueblo», «A navegar fun un día», «Hoxe son as virtudes”, «Espéreme alá arriba», «Churrusqueira miña», «Pontedeume en noite de lúa clara», «Miña Virxe das Virtudes», «El amor y la mar é a rosa da ilusión», «A praia da Madalena», e moitas máis que encherían un libriño de poemas.

¿E por qué non se podería recolleitar todo o seu traballo nun folletiño? Sería a maneira de ter constantemente a súa obra, e tamén sería unha regalía para todos aqueles que, aínda que o coñeceron, non chegaron a ollar a súa vena inspiratoria: xentes de Redes, Ares, San Martiño, etc., e tódolos aqueles que o coñeceron na emigración, tanto en España como na América.

Unha pequena mostra do seu facer, sen academicismos, sempre natural, e chegando o corazón, e a que abdicou despois dunhas vacacións, que tanto o azoaban, e facían rexurdir, a súa terra de Redes:
«Al pasar de nuevo por mi tierra / en mi pecho renace la esperanza / recuerdos del pasado, que se avivan / y el corazón que late más de prisa / ¿Es la morriña o el amor al rincón / que se ha dejado? / Pienso... que es algo que se ha amado / y quieras o no, jamás se da por olvidado”.

Un dos seus máis fortes anceios era ter o derradeiro acougo na súa terra. Fai pouquiños días sorprendeunos a súa morte, os setenta e sete anos. O seu corazón tan velliño e tan delicado volteou a lle dar outro susto, os que el xa estaba tan afeito, e esta vez foi dunha maneira fatal.

Quizais para que se cumprise o que el escribiu, facía algún tempo, así sucedeu.

«E a miña compañeira / e quen me alenta na vida / por min sofre cando eu sufro / si estou contento sospira.

Quixera ser o primeiro / que se fose para o outro mundo / e a miña veira a puxeran / no seu sono máis profundo».

Aínda que non foi no currunchiño de Redes, polo que el sospiraba tanto, arestora xa ten o acougo en Galicia, en Vicedo – Viveiro.

Que estas liñas vaian como unha pequena homenaxe e unha triste lembranza da súa persoa, e da súa obra. E para súa familia uns desexos de resiñación, o tempo que axuntamos os nosos pregos os dela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario