sábado, 6 de enero de 2007

ERMIDA E VOTO DE CHANTEIRO

A ERMIDA DE NOSA SEÑORA DA MERCÉ E O VOTO DE CHANTEIRO

Juan J. Burgoa Fernández

O pasado 2004 cumpríronse seiscentos anos do establecemento do secular Voto de Chanteiro, feito histórico de gran relevancia para a cidade de Ferrol, aniversario que practicamente pasou desapercibido e do que a Corporación Municipal, herdeira daquelas outras que anos atrás foron en moitas ocasións os protagonistas deste ancestral acontecemento, non tivo a ben lle dedicar unha pequena lembranza.

A ORDE MERCEDARIA EN GALICIA E FERROL

A orde da Mercé - “celeste, real e militar”, como reza o seu himno - fundouse en Agosto do ano 1218 en Barcelona por iniciativa de San Pedro Nolasco, co apoio de San Raimundo de Peñafort e baixo o amparo do rei Jaume I el Conquistador, sendo o seu principal obxectivo o rescate e redención dos escravos e cativos en terras islámicas. Tivo un gran predicamento dentro de Catalunya, fundando o seu primeiro templo o ano 1267 en Barcelona e sendo oficialmente proclamada patroa da cidade o ano 1687. A partires do século XIV iniciou a súa expansión por España, Francia e Italia, espallando o ano 1696 o papa Inocencio III o culto a toda a Igrexa Católica.

A súa presencia en Galicia comezou no convento de San Lorenzo de Trasouto, a extramuros de Santiago, cara ao ano 1400, sendo expulsados polos franciscanos catro anos despois. Aínda que o papa Benito XIII ordenou que os franciscanos quedasen en Trasouto mentres que os mercedarios se establecían no convento ferrolán de San Francisco, esta instalación non se chegou a levar a cabo. Máis tarde, a orde mercedaria fundaría os conventos de Conxo o ano 1482 e o de Verín o ano 1484, este último trasladado a Monterrei o ano 1564.

Non foi ata 1890, anos despois da desamortización eclesiástica de Mendizábal, cando se fundou o convento e centro espiritual de San Xoán de Poio, que desde entón ven a exercer unha recoñecida e intensa labor relixiosa, intelectual e artística – incluíndo a formación dunha notable biblioteca que garda, entre outras, a obra literaria do poeta Rey Soto e a creación dunhas reputadas escolas de cantería e de mosaicos - cunha importante proxección na cultura galega. Xa no século XX fundáronse as comunidades de Sarria e Xunqueira de Ambía, e co tempo a Virxe da Mercé sería nomeada a patroa dos concellos de Poio, Corcubión e Rairiz de Veiga (onde celébrase a popular romaría da Virxe da Mercé da Saínza), ademais dos de Ares e Mugardos, entre os municipios galegos.


ILUSTRACIÓN 1. A VIRXE BRANCA MERCEDARIA (Arquivo P. Sanz)
A presencia da Virxe da Mercé materializouse na comarca de Ferrol desde o século XIV no que se puxo baixo a súa advocación a ermida de Chanteiro. Máis tarde, o ano 1811 construíuse no pazo dos Bermúdez a capela da Mercé na rúa dese nome de Ferrol Vello e a mediados do século XIX a capela da mesma advocación na entón fábrica de curtidos da Florida no Puntal de Neda. Da segunda delas, unha efixie da Virxe co Neno en brazos, temos referencia gráfica mentres que a primeira das citadas ao parecer se atopa hoxe colocada no altar da pequena capela do pazo do Monte, na freguesía de San Pedro de Leixa.

Ademais, como recentemente lembrou Carreño Yáñez (1), outras efixies desta advocación mariana atopábanse nun oratorio privado da familia Ponce, nun camarín da sancristía da igrexa da Orde Terceira de San Francisco e nun altar lateral da antiga capela do Hospital de Caridade. Por último, o ano 1908 establecéronse formalmente os freires mercedarios en Ferrol levantando a partires do ano 1925 o actual templo neogótico da Mercé, onde, ademais da Virxe co Neno en brazos do camarín do altar maior, atopábase a fermosa “Virgen Blanca”, imaxe de vestir que foi titular da confraría mercedaria, efixie hoxe tristemente desaparecida.

ILUSTRACIÓN 2. VIRXE DO PAZO DA MERCÉ (NEDA) (Arquivo A. Alcalá)

A ERMIDA DE CHANTEIRO
Non existen probas nin se coñece documentación contrastada que dean a coñecer as razóns polas que no lugar de Chanteiro, nun abrigado e silandeiro recuncho atlántico entre as puntas do Segaño e Coitelada dentro da freguesía aresán de San Pedro de Cervás, levantáronse co paso do tempo tres sucesivos templos, aínda que non parece moi aventurado pensar que, a súa orixe, debeuse a unha cristianización de antigos cultos no lugar, como ocorreu noutros emprazamentos similares da costa galega. Do primeiro daqueles templos, posiblemente un pequeno eremitorio ergueito nalgún momento dos tempos iniciais do Medievo sobre un lugar de abundantes rochas de granito preto da costa e protexido polas lombas de Montefaro, resta tan só a súa lembranza na memoria popular, reflectida en tradicións como o achado dunha imaxe da Virxe, chegada polo mar como en tantos outros casos das lendas galegas, aparecéndose a carón da coñecida como Fonte da Virxe, a uns pescadores que compoñían as súas redes na praia de Chanteiro, do que se deriva a dedicación inicial da ermida á Nosa Señora dos Mares.

(1) César Carreño Yáñez. La cofradía de la Merced. Ecce Homo, número 3. Ferrol 2003. Páxinas 56 a 60.

A posterior afluencia de fieis que se rexistrou no lugar traxo consigo a erección do segundo dos templos a comezos do século XI dentro do estilo románico rural, conservándose do mesmo, segundo Cardeso Liñares (2), algúns curiosos capiteis, hoxe incorporados no interior da ermida como soporte dos arcos faixóns da fábrica posterior. Os citados capiteis amosan unha interesante e vistosa iconografía de bestiarios, onde pódense ver un variado abano que inclúe unhas feras coa súa testa compartida, uns faisáns ou pavos reais entrelazando os seus pescozos, un posible xabaril de longo fouciño e varias pequenas figuriñas humanas que se amosan collidas da má, xunto con outros motivos ornamentais máis clásicos como palmetas e cunchas, todo elo nun traballo escultórico que Carmen Molina (3) considera esquemático e falto de expresión, e onde as figuras, aínda que dentro dunha certa rudeza, teñen un toque de espiritualidade.

Cara ao último tercio do século XIV, Fernán Pérez de Andrade o Bo mandou edificar sobre a formación rochosa onde orixinalmente erguéronse os anteriores templos o terceiro deles, do que se coñece que xa estaba levantado con anterioridade, alomenos o ano 1390, posto que na data do día 17 de xaneiro do devandito ano varios veciños de Chanteiro vendéronlle a Fernán Pérez de Andrade “o quiñón de heredade en que está a iglesia de santa María de Chanteiro que vos y fezeste”, tal como aparece redactado nun documento de venta que se conserva na colección Martínez Salazar e que foi recentemente reproducido por María J. Vázquez (4). Para varios autores, precisamente este terceiro templo de Chanteiro foi o lugar onde orixinalmente instaláronse os freires franciscanos de Montefaro denantes da fundación do convento mendicante de Santa Catalina no cumio do monte.

A maior abondamento, cando desde a cidade de Burgos o arcebispo de Santiago Juan García Manrique concede ao devandito Andrade o 3 de Agosto de 1393 a licencia para fundar e construílo convento de Santa Catalina de Montefaro con destino a unha comunidade da Terceira Regra de San Francisco, o documento de concesión (5) fai mención da existencia de “la ermida de sta maría de chanteyro que se dice de la merced en que Dios muestra muchos de los sus milagros, la cual hedefico el dicho fernán perez”, sinalando máis tarde que “sea sogeyta al dicho monastereo y freires del”. Na mesma licencia concédense corenta días de indulxencia a tódolos fieis cristiáns que “venieren en rromaría a la dicha ermida en todas las fiestas de sta maría”. Como sinala o historiador García Oro (6), tres anos despois chegaría a correspondente bula papal, asinada o 12 de xaneiro de 1396 polo papa Benedicto XIII, confirmando e sancionando as concesións do arcebispo de Santiago.

(2) José Cardeso Liñares. Santuarios marianos de Galicia. La Virgen de la Merced en Chanteiro se cobija. A Coruña 1995. Páxinas 194 a 205.

(3) Carmen Molina Taboada. La escultura monumental en las fundaciones de Fernán Pérez de Andrade. Páxina 85.

(4) María J. Vázquez López. Ferrol e a comarca ferrolá na Idade Media. Do século X ao XVI. Ferrol 2001. Páxina 48.

(5) César Vaamonde Lores. Ferrol y Puentedeume. A Coruña 1909. Nas páxinas 80 e 81 transcríbese o citado documento.

(6) José García Oro. Galicia en los siglos XIV y XV. A Coruña 1987. Tomo I. Páxina 231.


ILUSTRACIONES 3 Y 4. CAPITEIS DA ERMIDA DE CHANTEIRO

Desde aquelas datas de fins do século XIV a ermida de Chanteiro foi separada de xeito terminante da xurisdicción ordinaria e parroquial de San Pedro de Cervás – á que non tornaría ata o ano 1844 – pasando a depender de Santa Catalina de Montefaro, atendida polos freires franciscanos do convento. A advocación baixo a Virxe da Mercé e dos Remedios coa que comezou a coñecerse a capela de Chanteiro poderíase deber aos favores, beneficios e mercés concedidas aos devotos fieis que así o demandaban, sen ter unha relación directa coa histórica Virxe de orixe catalán. Débese ter en conta que a palabra “mercé” procede da latina merx, mercis, prezo dunha mercadoría pero que co tempo tamén viño a significar misericordia ou perdón.

A pesares diso, en senllos traballos do pai mercedario César Carreño e a historiadora Margarita Sánchez apúntase a posibilidade de que o seu nome da Mercé puidese ter relación ou se derivase dunha as antigas vereas de redención que a orde mercedaria mantiña dentro de Galicia, precisamente a chamada verea de Mondoñedo, que percorría dun xeito periódico a costa das Mariñas desde Miño ata Viveiro, pasando por Ferrol, co obxecto de predicar e recoller esmolas para a redención dos escravos e cativos.

Por outra banda, o informe que fixo o ano 1607 o coengo segoviano Jerónimo del Hoyo, visitador xeral da arquidiocese compostelá (7), achega o interesante dato que o “mosteiro de Santa Catalina de Faro” posúe preto do mar a “hermita de Nuestra Señora de la Merced, donde dicen se començó a fundar este monasterio y se dexó por no parecer sitio seguro”, comentario que confirma que Chanteiro debeu de seren o primeiro asentamento dos monxes franciscanos á beira do mar, abandonado prontamente, sen dúbida polos frecuentes ataques dos corsarios e piratas que tiñan lugar na costa galega durante a época medieval na procura de riquezas, especialmente naqueles sitios onde levantábanse igrexas e mosteiros.

No que se refire ao aspecto arquitectónico, o templo actual é considerado nunha publicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (8) un exemplo do estilo gótico mariñeiro, sendo o material de construcción pedra de gra de boa calidade. A única nave da ermida ten o seu teito recuberto de madeira e divídese en tres treitos desiguais por medio de arcos apuntados, contrarrestados ao exterior por contrafortes gradados. A ábsida é rectangular ingresándose no presbiterio por outro arco apuntado apoiado sobre columniñas acobadadas, estando cuberto por unha bóveda de cruceiría de catro sinxelos nervios e levando no seu fondo unha seteira aberta ao exterior. A cuberta do templo é a dúas augas, excepto a sancristía, utilizando como cubrición tella curva. Mentres que anos atrás perdeuse do testeiro da ábsida unha interesante cruz cumial cos seus remates en flor de lis, aínda quedan hoxe varios dos antigos canzorros baixo o tellado e unha serie de variadas marcas gremiais de canteiros nos perpiaños exteriores e interiores da capela, deixando así gravada na pedra a vella pegada do seu oficio.

(7) Jerónimo del Hoyo. Memorias del Arzobispado de Santiago. Santiago de Compostela 1607. Reedición de Porto y Cía. Santiago. Páxina 279.

(8) Publicacións da C.O.A.G. Arquitectura gótica en Galicia. Santiago 1986. Páxinas 120 e 121. Véxase tamén José R, Soraluce Vázquez – Xosé Fernández Fernández. Arquitecturas da provincia da Coruña. Ares, Arquitectura relixiosa. A Coruña 1999. Páxinas 48 e 49.


A fachada da ermida, orientada cara a occidente, foi refeita a finais do século XVII, incorporando sobre a porta rectangular de ingreso un antigo e desgastado tímpano pétreo. Colocado baixo un arco lixeiramente apuntado de grosas doelas, amosa unhas efixies de marcada frontalidade, luídas polo ar salitroso e o paso do tempo: unha Virxe coroada e sedente co Neno no colo, flanqueada por dúas figuras exentas, máis pequenas e vestidas de hábito talar, que ben puideran ser santiños, monxes ou simples donantes, coas cabezas das imaxes estragadas de xeito intencionado o ano 1920 e malamente reparadas logo con cemento (9). Por non parecer tratarse esta efixie mariana dunha representación da Virxe da Mercé, débese descartala adxudicación a San Pedro Nolasco e San Raimundo de Peñafort a identidade de ámbalas dúas esculturas laterais, como faise nalgún caso.

Completan a fachada dous sólidos machóns ou contrafortes, un óculo circular, colocado a xeito de claraboia, que se adobía cunha grosa moldura de baquetón, e unha imposta corrida. A esvelta e elegante espadana barroca de dos corpos decórase de placas de época, leva unha escada lateral e contén dous vans para o aloxamento de senllas campás – a máis antiga choca e a nova regalada o ano 1894 polo mariño asturiano Fernando Villaamil, tan ligado á ría ferrolá, ao regresar coa fragata Nautilus da súa primeira viaxe de circunnavegación -, rematando o campanario dunha cornixa moldurada e un frontón triangular cunha cruz central e pináculos laterais. A anódina sancristía exterior e o coro engadíronse na última reconstrucción do ano 1943.

Segundo informa Antonio de la Iglesia (10) o templo tiña na capela maior un retablo central co camarín da Virxe e dous laterais dedicados a San Xoaquín e Santa Ana, pais de Nosa Señora, mentres que nos altares colaterais, fora da capela maior, aparecían outras imaxes de San Xosé, San Xoán Evanxelista e San Ramón, retablos todos eles de estilo barroco. Sobre o arco de entrada ao altar maior salientaba unha notable talla do Crucificado co seu brazo dereito descravado cinguindo a San Francisco axeonllado, como reflexo da tradición da orde mendicante de Montefaro. Na sancristía gardábase un curioso óleo representando a Decapitación de San Xoán Bautista. Na noite do 28 ao 29 de xuño de 1933 produciuse a queima vandálica do interior do templo, ardendo practicamente os retablos e tódalas súas imaxes.

Desde entón o interior da ermida amosa unha decoración moi sinxela, coa ausencia case total de esculturas relixiosas, que realza a atmosfera severa e monacal – e ao mesmo tempo suxestiva – que produce no visitante. Salvouse do incendio a imaxe da Virxe da Mercé, tallada en madeira e colocado sobre un piar de pedra de gra ao fondo do testeiro, obra repintada en varias ocasións, de non moita antigüidade e que non ten mérito especial. Cunha ampla coroa de raios refulxentes e vestida de túnica pregada e un ampuloso manto, non amosa a iconografía propia e tradicional da Virxe da Mercé redentora de cativos, aínda que leva un amplo escapulario co escudo mercedario e o Neno no seu brazo esquerdo.

(9) Na páxina 286 do tomo 3º da Geografía General del Reino de Galicia de Carreras y Candi, amósase unha fotografía do tímpano coa súa iconografía orixinal.

(10) Antonio de la Iglesia foi o director da publicación quincenal coruñesa Galicia, que levou o subtítulo de Revista Universal de este Reino, onde déronse cita moitos dos máis coñecidos escritores do Rexurdimento galego. O propio Antonio de la Iglesia publicou no número do tomo IV que correspondía ao 1 de Xaneiro de 1864 un artigo titulado Estudios Arqueológicos. La Virgen de Chanteiro.


ILUSTRACIÓN 5. TÍMPANO DA ERMIDA DE CHANTEIRO

Como a maioría dos templos de Galicia a ermida de Chanteiro ten un tradicional cruceiro, neste caso levantado nunha encrucillada preto do templo, sinalizando o camiño cara ao santuario (11). Trátase dun exemplar de bo tamaño, de boa pedra e ben traballado, de formas sobrias e típicas de fins do século XVIII na comarca das Mariñas dos Freires A cruz de pedra amosa sinais evidentes de restauración, tralo derrubo que sufriu xunto cos de San Xosé de Ares e San Pedro de Cervás durante os convulsos tempos da Segunda República. A plataforma, que asoma entre a matogueira e se atopa reparada con cemento de xeito pouco coidadoso, leva un amplo pedestal monolítico de forma tronco-prismática mentres que o alto e sólido varal é de sección oitavada e adelgazada en altura, adobiándose con dous colariños circulares no seu inicio e remates de landra na parte alta. O capitel está traballado con molduras de filete e de carto bocel, ao tempo que a cruz actual, elaborada do frío e pouco axeitado cemento, é de forma latina, alta e de paos biselados cun clásico remate en flor de azucena, amósase espida de imaxes e con restos de pintura branca.

No que atinxe á toponimia do lugar onde se ergue a ermida, son moitos os autores que fan derivar Chanteiro do antigo nome de Plantarium. Por outra banda, Cardeso Liñares apunta a posibilidade a que o nome de Chanteiro fai referencia a “monte alto e ben visible” e a “lugar de pedras abundantes e sobresaíntes” (12), aínda que Fátima Díez nun recente traballo sobre os santuarios rurais de Ferrolterra (13) obxecta que a referencia ao termo chanta neste caso é discutible por seren aplicable normalmente á pedra de lousa e non, como neste caso, ao abondoso granito o pedra de gra no que se asenta a ermida, ofrecendo como solución de compromiso que Chanteiro puidera derivar das “pedras chantadas” de granito que aparecen fincadas verticalmente nas terras de labor para sinalar os límites dos terreos. Nembargante, débese citar que no plano máis antigo coñecido da ría de Ferrol, feito o ano 1498 polo piloto veneciano Andrea Corso (14), o lugar aparece nomeado como Santeirum, o que ben pode ser un erro de transcrición ou engadir unha nova dimensión a este tema.

No aspecto etnográfico, cumpre sinalar a lenda da aparición da imaxe mariana dentro da Fonte da Virxe, dándolle así o seu carácter de milagreiras ás augas do manancial (15). Tamén debe salientarse a mantida devoción entre a xente mariñeira da comarca ferrolá cara a Virxe de Chanteiro, reflectida no feito de que ata datas recentes os tripulantes de moitas embarcacións de pesca de Ares e Mugardos, ao pasaren vogando por diante da ermida, descubríanse en sinal de devoción e respecto, erguendo os remos á voz do patrón e cantaban unha Salve na honra da Virxe.

(11) Juan J. Burgoa Fernández. Arte religioso de corte popular. Los cruceros de los municipios de Fene, Mugardos y Ares. Estudios Mindonienses, número 16. Mondoñedo 2000.Páxina 662.

(12) José Cardeso Liñares. Obra citada. Páxina 195.

(13) Fátima Díez Platas. Santuarios rurales de Ferrolterra: del cristianismo a la antigüedad. Arimathea, número 7. Ferrol 2003. Páxina 21.

(14) Plano reproducido por Juan A. Carneiro Rey - Miguel A. Rodríguez. Historia de Mugardos. Mugardos 2004. Páxina 97.

(15) Juan J. Cebrián. Santuarios de Galicia. Santiago 1982. Páxina 167.

Neste aspecto etnográfico é de gran interese a antiga lenda que narra a visita que fixo San Cristovo á Virxe de Chanteiro, que persiste no imaxinario popular da comarca e foi recollida por Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez (16). A lenda, inscrita no repetido e abondoso ciclo do folclore de Galicia e dos países atlánticos no que a Virxe e os Santos aparecen viaxando en barcas de pedra, narra como o fabuloso e rexo santo de orixe cananeo e protector da morte súbita, aburrido na súa solitaria capela da outra banda da ría ferrolá, viaxa nunha lancha de pedra co Neno Xesús ás costas ata a ermida de Chanteiro para facer unha visita e render culto á Virxe da Mercé e logo volver ao seu altar.


O VOTO DE CHANTEIRO

A primeira referencia sobre o establecemento do Voto de Chanteiro faina o ano 1820 o ilustrado ferrolán Alonso López (17). Nos primeiros anos do século XV declarouse unha forte epidemia de peste en toda Europa cunha gran incidencia nas comarca ferrolá e eumesa (18), que o pobo considerou que foi remediada pola intercesión de Nosa Señora da Mercé que se veneraba no santuario de Chanteiro do veciño concello de Ares, dependente naquelas datas do convento de Santa Catalina de Montefaro. Por mor desta circunstancia, os concellos de Ferrol, Ares e Mugardos fixeron voto de visitar en rogativa o devandito santuario nunha procesión presidida polas autoridades civís e relixiosas, levando na mesma os pendóns dos respectivos concellos.

Trátase dunha estendida e ancestral tradición que permaneceu na memoria histórica do pobo e da que moitos escritores fixéronse eco, aínda que non existen probas documentais da súa orixe, nin tan sequera se coñece unha transcrición da escritura do Voto de Chanteiro, si algunha vez existiu. Por outra banda, o feito de que este Voto se celebrase nun santuario da ría de Ares, podería ser significativo da extensión que naquelas datas tiña a xurisdicción da vila de Ferrol.

Foi Montero Aróstegui quen na súa Historia de Ferrol (19) do ano 1858 fixo unha minuciosa descrición do Voto de Chanteiro. Segundo este autor, o luns de Pascua de Pentecoste do ano 1404 os veciños de Ferrol acudiron por vez primeira en pública rogativa para implorar á Virxe da Mercé a súa intercesión para poñer remedio á devandita epidemia, levando dous atados de mistos para alumear a ermida de Chanteiro, medindo logo con eles o perímetro exterior do templo co resultado dun peso de seis libras, polo que acordaron levar os anos sucesivos unha ofrenda deste mesmo peso de cera en velas elaboradas.

(16) Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Gómez Blanco. Lendas e relatos ferroláns. Ferrol 1998. Páxina 33.

(17) José Alonso López y Nobal. Consideraciones generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase relativas al Ferrol y su comarca. Madrid 1820. Tomo I, páxina 59.

(18) Segundo o Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España de Pascual Madoz, Madrid 1843, a epidemia tivo lugar durante os anos1400 e 1403. Voz Cerbás, páxina 302.

(19) José Montero Aróstegui. Historia de la ciudad y departamento naval del Ferrol. Madrid 1858. Páxinas 47 e 48.
ILUSTRACIÓN 6. PORTADA DA REVISTA GALICIA. ANO 1864

Como houbese desaparecido a epidemia, nas verbas do citado historiador, “empujada con viento de levante la densa niebla que abrumaba al Ferrol y quedando su atmósfera enteramente limpia y despejada”, esta sinxela ofrenda das seis libras de cera consolidouse os anos sucesivos, engadindo unha fermosa flor natural para a Virxe que co tempo converteríase nun amplo e cada vez máis adobiado e chamativo ramo ou canastro de flores, incluso decorado co escudo de Ferrol, conxunto que foi coñecido logo como “a flor de Chanteiro” e que ía portado sobre andas por catro homes, mentres que a cantidade de cera da ofrenda sufriu diversas alternativas (20).

Nas romarías, rogativas ou actos relixiosos deste tenor, a doazón de certa cantidade de cera en bruto ou máis frecuentemente en forma de velas ou candeas, foi a ofrenda máis axeitada e habitual por parte dos fieis desde tempos medievais, dado que a luz co que alumean os altares serven para sinalar e salientar a sacralidade do santuario. Aínda que nestes casos tamén é corrente levar flores para adobío do templo, a historiada ofrenda da chamada flor de Chanteiro foi un singular detalle no que repararon e mencionaron tódolos autores que escriben sobre este ritual. Un dos máis profundos coñecedores das tradicións relixiosas de Galicia, o historiador tudense Martínez Padín, publicou no ano 1874 un traballo explicando polo miúdo como o motivo inicial desta singular ofrenda debeuse a que un mozo ferrolán levou o primeiro ano do Voto un canistrel de flores do seu xardín para adobiar o altar da Virxe de Chanteiro en agradecemento de que a súa nai se salvase do andazo da peste (21).

Correspondía a presidencia desta rogativa procesional ao maxistrado de Ferrol ou un representante seu, normalmente o procurador xeral, que tiña entre outras misións a de facerse cargo da festa, asistindo coa compaña do cura párroco e os sacerdotes de San Xulián coa cruz parroquial alzada e o pendón, os freires do convento de San Francisco, tamén portando a súa cruz, polo dereito adquirido por esta comunidade relixiosa cando tivo que administralos sacramentos na cidade por haberen falecido tódolos cregos da parroquia durante a epidemia (22), e numerosos veciños da vila ferrolá, sendo costume nos seus inicios que asistise ao menos un membro de cada familia.

Chegada a comitiva ao porto de Mugardos, era recibida polos representantes da vila cunha salva de trabucos e outras armas de fogo, marchando xuntas ámbalas dúas xustizas ata a xurisdicción de Ares, onde o seu maxistrado facía un novo recibimento con máis cargas de arcabucería no adro de Chanteiro. Continuaba logo a procesión dando tres voltas arredor do templo, cantábase unha misa na ermida e facíase á Virxe da Mercé a ofrenda da cera e da flor, tralo cal se retiraba o cortexo con igual solemnidade e seguindo o mesmo orden que á chegada (23).

(20) Por exemplo, o ano 1735 consignouse a cantidade de catro libras e media de cera branca para o Voto de Chanteiro. Arquivo Municipal de Ferrol. Libro de Actas do Concello número 379 (Anos 1708 a 1749). Sesión do día 16 de Maio de 1735. Folio 31.

(21) Leopoldo Martínez Padín. Tradiciones religiosas de Galicia. El canastillo de flores. Revista Galaica, número 4. A Coruña, 30 de Xuño de 1874. Páxinas 9 e 10.

(22) Eugenio Carré Aldao. Tomo 3º. La Coruña. Geografía General del Reino de Galicia. F. Carreras y Candi (Dir). Editorial Alberto Martín. Barcelona, 1936. Páxina 287.

(23) Eduardo Lence-Santar. El voto de Ferrol a Chanteiro. Publicación parroquial de Cervás, 1950.

ILUSTRACIÓN 7. IMAXE DE NOSA SEÑORA DE CHANTEIRO


Esta celebración, que gozou dunha mantida devoción pola parte dos asistentes e que tivo un sinxelo e axustado cerimonial nos seus comezos, co paso do tempo pasou a converterse nunha romaría festiva, custosa e de gran aparato – incluíndo os típicos foguetes -, con crecentes gastos que estaban a cargo das autoridades ás que tiveron que auxiliar algúns veciños distinguidos da cidade. Como escribe Montero Aróstegui, unha gran comitiva embarcaba nos botes desde diferentes lugares da ría, acompañando á representación oficial que se trasladaba coa ofrenda na falúa do xeneral de Mariña desde o peirao de Curuxeiras. Finalizados os actos relixiosos continuaba a romaría popular no adro e nos arredores da capela de Chanteiro mentres que se celebraba no lugar do Baño, dentro do veciño concello de Mugardos, un banquete destinado ao clero, autoridades e demais persoas significativas da comitiva.

Os gastos cada vez maiores da festa, na súa maior parte sufragados polo concello de Ferrol a través do seu procurador xeral (24), xunto cos incidentes ocorridos entre as diferentes representacións oficiais civís e relixiosas pola competencia na prelación das cruces e na orde de celebración das misas na ermida, algúns accidentes que tiveron lugar con ocasión do mal tempo durante o traslado das embarcacións desde o peirao de Curuxeiras ata o porto de Mugardos e incluso as liortas, borracheiras e alborotos promovidos por varios dos asistentes á romaría, en palabras de Couceiro Freijomil “convirtiendo el acto religioso en una profana distracción” (25), levaron ao convencemento do concello ferrolán de que era preciso remediar e poñer couto a estes feitos.

Por outra banda, co paso dos anos tamén foron rexistrándose diversos desencontros protocolarios que máis tarde desembocaron en incidentes nos que estiveron implicados tanto as autoridades e representacións de Ferrol, Mugardos e Ares como os propios relixiosos encargados do culto da ermida de Chanteiro. Tal como rexistra o Arquivo Municipal de Ferrol, o día 21 de maio de 1784, ante o sucedido o ano anterior cando non se respectou a prelación ferrolá, o Concello dirixiu unha comunicación ao superior do convento de Montefaro, de quen dependía a capela da Mercé, lembrando a preferencia que tiña Ferrol “antes que otros pueblos que aun concurren en el mismo día” para celebrar o luns de Pascua de Pentecoste o Voto de Chanteiro, para que “este año no ocurran iguales embarazos” (26).


(24) O ano 1777 sinalouse polo Concello en 300 reais a cantidade destinada para facer fronte aos gastos derivados do cumprimento do Voto, tanto para o pago da ofrenda como o convite posterior. Arquivo Municipal de Ferrol. Libro de Actas do Concello número 382 (Anos 1776 a 1779). Sesión do día 26 de Febreiro de 1777. Folio 82.

(25) Antonio Couceiro Freijomil. Historia de Puentedeume y su comarca. Pontedeume 1944. Páxina 174

(26) No Arquivo Municipal de Ferrol atópase unha abondosa documentación referente ás vicisitudes sufridas polo Voto de Chanteiro. Caixa 922. Igrexas e capelas. Expediente 5. Voto de Chanteiro. Folio 19.

De carácter máis serio foron os posteriores incidentes que tiveron lugar durante a presentación da ofrenda do ano 1817. O día 19 de xuño do devandito ano, Juan Alonso de Taybo, Procurador Xeral de Ferrol e comisionado polo Concello para o Voto de Chanteiro, dirixe unha representación de queixa ao “Presidente y Señores de este Ilustre Ayuntamiento”. No seu escrito (27) informa dos insultos sufridos pola comitiva oficial da cidade de Ferrol – formada por el mesmo, o Escribán e o Secretario do Concello e os cregos de San Xiao e San Francisco – no intre de dispoñela ofrenda dentro da ermida da Mercé, cando foron abordados polo relixioso de Chanteiro, que en primeiro lugar se dirixiu ao crego ferrolán Josef Gómez “con la irregular voz de farolero que se intrusaba a gobernar casa ajena” e a continuación “olvidando el Prior su moderación, prorrumpió en dicterios tan impropios de su religioso caracter como del Santo Templo y de la casa de Dios sacramentado, que desde aquel instante se convirtió por su parte en Plaza o Teatro de escándalo y de desorden”

As circunstancias anteriores levarían ao concello ferrolán a solicitar a conmutación ou modificación do Voto de Chanteiro, que non anulación do mesmo por seren considerada unha ofrenda de carácter perpetuo. Realizouse un primeiro intento de trocar como lugar da ofrenda á ermida da Mercé de Chanteiro pola igrexa ferrolán do Socorro, aínda que sen resultado positivo, no ano 1824 (28). Unha longa exposición que fixo o Concello de Ferrol neste senso, datada o 10 de Novembro de 1824, foi contestada negativamente o 14 de Maio do seguinte ano 1825 por un razoado oficio do Bispo de Mondoñedo, no que indica ao Alcalde de Ferrol que “los abusos y excesos que V.S. toma en consideración toca reprimirlos a la justicia ordinaria, y los gastos excesivos de que se lamenta, siendo voluntarios, pueden evitarse”. No que atinxe á supresión ou conmutación do voto, o Bispo consideralo un problema moi complexo e delicado polo que é da opinión que débese solicitar directamente da Santa Sede (29).

Poucos anos máis tarde, por mor da exclaustración que se levou a cabo no ano 1835, quedou suprimido o convento franciscano de Santa Catalina de Montefaro, polo que a ermida de Chanteiro, ata que foi incorporada o ano 1844 á xurisdicción ordinaria, subsistía con escaso decoro e case sen atención relixiosa, circunstancia que aproveitou o Concello de Ferrol para levar a cabo o 16 de Decembro de 1839 unha nova petición de conmutación do Voto (30). De xeito sorprendente e pouco usual, nesta ocasión foi moi pronta a resposta das autoridades relixiosas, producida por un auto do 31 do mesmo mes de Decembro, onde o Gobernador eclesiástico do Bispado de Mondoñedo declaraba que, pola conmutación concedida, o concello de Ferrol quedaba exento do anterior Voto de Chanteiro, sendo substituído pola celebración no segundo día de Pascua dunha procesión desde a igrexa parroquial de San Xulián ata a capela de Nosa Señora do Socorro en Ferrol Vello, seguida dunha función relixiosa neste templo.

(27) Arquivo Municipal de Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Voto de Chanteiro. Folio 22.

(28) José Montero Aróstegui. Obra citada. Páxina 48.

(29) Arquivo Municipal de Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Voto de Chanteiro. Folio 26.

(30) Tanto a petición de conmutación pola parte do Concello como o Auto de concesión do Bispado de Mondoñedo consérvanse no Arquivo Municipal de Ferrol. Caixa 922. Igrexas e capelas. Expediente 5. Voto de Chanteiro. Folios 33, 34 e 35.

ILUSTRACIÓN 8. EXPEDIENTE DE CONMUTACIÓN DO VOTO. ANO 1839
(Arquivo Municipal de Ferrol)

Con este motivo, o alcalde constitucional de Ferrol, Isidro Juan Vidal, publicou o 4 de Xuño do seguinte ano 1840 un Bando no que facía saber aos veciños as razóns polas que se pedira a conmutación do Voto de Chanteiro, aínda que conservando o espírito inicial co que se establecera, “pues que del modo que se cumplía era más propio para ridiculizar los actos de nuestra Sacro Santa Religión que para implorar la clemencia del Altísimo”, e como substituíase pola obriga anual de levar en rogativa ao Patrón San Xulián á capela do Socorro de Ferrol Vello o segundo día de Pascua, celebrando alí unha misa, elevando a doce libras a cantidade de cera ofrendada en vez das seis libras que se ofrecían en Chanteiro, cantando unha Salve e regresando a procesión á igrexa parroquial, polo que convocaba aos ferroláns para a asistencia aos citados actos, ao mesmo tempo que lles solicitaba aos veciños das rúas polas que transitaba a procesión e rogativa que tivesen o maior coidado en mantelas “sin tropiezos, limpias y barridas” (31).

Esta conmutación do tradicional Voto á Virxe da Mercé de Chanteiro tivo moi mala acollida nas localidades da outra banda da ría de Ferrol e produciu unha grande indignación entre os veciños de Ares e Mugardos, orixinando as enérxicas e inmediatas protestas tanto das alcaldías de ámbolos dous concellos como as do cura párroco de Cervás e do arcipreste de Bezoucos, quedando constancia das dilixencias levadas a cabo neste sentido nos arquivos de Santiago de Compostela e Mondoñedo.

Nun longo e documentado traballo do ano 1948, Manuel Troitiño (32), profesor de Dereito Canónico na Universidade de Santiago, fai un detido estudio acerca deste suceso e realiza un completo percorrido polos diferentes escritos cruzados entre as autoridades e a sucesiva documentación dirixida polos citados actores ao Arcebispado de Santiago, reclamando que se anulase a conmutación que realizou directamente o Bispado de Mondoñedo, por non haber tido en conta a opinión dos concellos de Ares e Mugardos e por considerar que non tiña a debida competencia para facelo, sen coñecer o preceptivo informe de Santiago e incluso a de Roma, por se tratar dun voto a perpetuidade.

Polo que respecta á vila da Graña, que tamén realizaba o Voto de Chanteiro de forma conxunta cos concellos de Ferrol, Ares e Mugardos, deixou de exercer esta prerrogativa na segunda metade do século XIX, “desde que un año se embriagaron, cayeron al mar y hubo ahogados y con ellos cayó la imagen de San Roque traían en procesión”, segundo pódese ler nun documento que se conserva no Arquivo Parroquial de Cervás (33), o que da unha boa idea dos excesos de todo tipo aos que chegaron os asistentes á romaría de Chanteiro.

(31) VV. AA. Escolma de bandos de Alcaldía (Segunda metade do s. XVIII-XIX). Ferrol 2002. Bando sobre o voto de Chanteiro. Páxinas 135 e 136.

(32) Manuel Troitiño Mariño. El Voto de Ferrol a Chanteiro, jurídicamente considerado. Publicación parroquial de Cervás,1948.

(33) Documento citado por Juan A. Carneiro Rey – Miguel A. Rodríguez. Historia de Mugardos. Mugardos 2004. Páxina 92.

Os concellos de Mugardos e Ares seguiron a cumprilo histórico Voto de Chanteiro cun cerimonial propio na data do martes de Pentecoste. A rogativa saía de Mugardos coa cruz alzada, presidida polo alcalde e o clero da vila, pasando pola igrexa de San Pedro de Cervás onde incorporábase á procesión o seu párroco, continuando a comitiva cantando as Ladaíñas dos Santos e rezando o Rosario ata a ermida da Mercé, na que se celebraba unha misa solemne. Rematados os actos relixiosos en Chanteiro a procesión regresaba cara a Mugardos e ao chegaren á igrexa parroquial de Cervás entraba pola porta principal e saía pola lateral, utilizando o dereito de paso que tiña concedido desde tempo inmemorial, segundo relata o crego e historiador Rodríguez Fraiz que foi párroco de Cervás entre os anos 1940 e 1950, e a quen se debe a restauración da ermida de Chanteiro realizada o ano 1943 (34).

O concello de Ares deixou de cumprilo Voto de Chanteiro desde o ano 1970, mentres que o de Mugardos non só non deixou de facelo se non que o ano 1948 concedeu a Medalla de Oro da Real Vila á Virxe de Mercé, adquirida por subscrición popular e imposta nunha solemne cerimonia que tivo lugar no santuario de Chanteiro o 24 de Setembro, festividade da patroa (35). No que se refire a Ferrol, dada a sucesiva perda de solemnidade e falla de asistencia á celebración do Voto na igrexa de Nosa Señora do Socorro, o ano 1960 o concello de Ferrol solicitou do Bispo da Diocese o traslado do mesmo ao domingo seguinte á festividade da Virxe do Carme (36), por tratarse dun día festivo e dunha data próxima as festas de verán da cidade. Desde entón a tradicional celebración do Voto de Chanteiro foi esmorecendo desde entón ata a súa práctica desaparición.

REFERENCIAS LITERARIAS, POÉTICAS E DOCUMENTAIS

No ámbito da cultura popular galega, o cancioneiro ten un lugar ben destacado, e dentro do mesmo as coplas e cantares populares dedicadas aos santos e santuarios agachan unha das manifestacións máis sobranceiras do folclore galego. Son moitas e ben coñecidas as coplas que o pobo dedica á Virxe de Chanteiro, como as citadas por Cardeso Liñares (37):

Nosa Virxen de Chanteiro,
dánolo vento en popa,
que somo-los de Mugardos,
levámo-la vela rota.

(34) Antonio Rodríguez Fraiz. Costumes populares litúrxico-mariais de Galicia. Santiago 1995. Páxina 52.

(35) José Porta Acebo. La Virgen de Chanteiro, Mugardos y su Medalla de Oro. Publicación parroquial de Cervás,1948.

(37) Archivo Municipal de Ferrol. Caixa 922. Expediente citado. Folios 60 e 61.

(35) José Cardeso Liñares. Obra citada. Páxina 202.

Dulce Virxe da Merced,
sempre está tan caladiña
vento arriba ou vento abaixo,
sempre está na súa casiña.

De gran interese é estoutra canción mencionada polo escritor viveirense Enrique Chao Espina no seu percorrido pola costa ferrolá (38):

Madre de Dios de Chanteiro,
o que non queira borrasca
non se meta mariñeiro.

Nesta liña están tamén varias das cantigas populares que foron recollidas polos autores da obra Camiños de Ferrolterra (39):

Madre de Dios de Chanteiro,
está sentada na porta
mirando para os remeiros
como lle baixan a costa.

Adiós Virxe das Mercedes,
adiós Madre de Chanteiro,
volveremos os remeiros
para o ano vindeiro.

Madre de Dios e dos homes,
dulce Virxe da Merced,
ampara aos mugardeses
que hoxe imos ao teu pé.

Madre de Dios da Merced,
sempre está coradiña,
bátelle o raio de sol
pola súa ventaniña.

(38) Enrique Chao Espina. La costa lucense y coruñesa en los caminos de San Andrés de Teixido. La Coruña 1980. Páxina 102.

(39) Guillermo Llorca, Agustín Pérez Alberti y Ana M. Romero. Camiños de Ferrolterra. Ferrol 1982. Páxina 76.

Unha nova copla popular, recollida por Juan A. Carneiro e Miguel A. Rodríguez (40), amosa a posición oposta e, ao mesmo tempo, a complementaridade que Chanteiro ten con outro santuario de gran sona na comarca ferrolá, o da Virxe do Nordés en Chamorro:

Nosa Virxe de Chanteiro
ten a cara para o mar
e a Virxe de Chamorro
tena para o vendaval.


Tamén os poetas da bisbarra de Ferrol dirixiron a súa ollada á Nosa Señora de Chanteiro. O segrel ferrolán, Xosémaría Pérez Parallé, na súa liña de autor popular dedicoulle uns versos sinxelos e sonoros (41):

Nosa Virxe de Chanteiro
que estás a carón da mar,
terma do meu mariñeiro
que na
súa barca
moza,
saléu na noite a pescar.

Miña Virxe da Mercede,
coida do meu pescador,
que foi chimpa-la red,
na súa
barca
doncela,
na escurada do balbor.

Outro poeta, o pai mercedario Xosé S. Crespo Pozo, académico da lingua galega e un dos sobranceiros estudiosos da Heráldica e Xenealoxía de Galicia, o ano 1948 dedicoulle co seu requintado vocabulario unha sentida e fermosa composición titulada “A Virxen d´a Mercé de Chanteiro” (42):

(40) Juan A. Carneiro Rey – Miguel A. Rodríguez. Obra citada. Páxina 92.

(41) Xosé María Pérez Parallé. Poemas, cantigas. Ediciós de Castro. Sada 1995. Páxina 120.

(42) Reproducida por Antonio Rodríguez Fráiz, párroco de San Pedro de Cervás, na publicación parroquial de Cervás dedicada ás festas do ano 1948.


Virxen de Chanteiro, nai agarimosa
que fixeches teu niño na terra nosa,
onde o témero estrondo de ondas salgadas
que che levan as coitas anguriadas
dos probes malpocados dos mariñeiros
cando loitan co-a morte e máis cos salseiros¡

Doce Raíña da beiramar frolida,
de prayas e de area loiras cinguidas¡
Ascoita os nosos pregos i-os borboriños
misturados de bágoas dos peleriños;
ouse os tristes saloucos dos labradores
que onde Tí veñen sempre chorando dores;
ceibanos dos remuiños e dos perigos
das ondas deste mundo, cova de enemigos .....

Cando cansos nos vexas, da vida cheos,
a túa manciña maina nos leve aos ceos,
alí, onde tremelacen sempre as estrelas;
Nosa Virxen, levainos pra cabo de elas¡

A pesares da conmutación do secular Voto levada a cabo polo concello ferrolán o ano 1859, a popular romaría de Chanteiro continuou a celebrarse nos seguintes anos dos séculos XIX e XX coa concorrencia de moita xente de Ferrol e a súa comarca. Unha vívida e pintoresca descrición da festa campestre que tiña lugar faina o escritor e político ferrolán Rodrigo Sanz no ano 1907 (43). “El cuadro de la romería y de la procesión alrededor de la iglesia es el ordinario, con pocas variantes. Hervidero de gente en el atrio; mujeres aldeanas con su doblado mantón al brazo; muchachas de villa con blusas quiladas por figurín; indianos de gran jipijapa, leontina y quitasol o paraguas; marineros de chaqueta y boina, jovenzuelos tirando a la rueda de la suerte, deseosos de la faca, petaca o espejillo colocados en los radios de premio; mozos que se acercan a los puestos a beber el boliche o la copa de marrasquino o de anís escarchado; buen dialecto en la conversación aldeana, y mala mixtura de gallego y castellano en la charla de indianos con muchachas de lo fino; pregones de barquillos, rosquillas, buñuelos, codazos, chiquillos que rebullen entre las piernas, vocerío ....... Y de improviso, cohetes disparados cerquita, con su fsch de disparo, y su pum de estallido que aturde a quien no tiene la sesera a prueba de bomba de romería”.


(43) Rodrigo Sanz. Dos apuntes sobre Chanteiro. Almanaque de Ferrol para el año 1907. Páxinas 85 a 92.

ILUSTRACIÓN 9. BANDO SOBRE O VOTO DE CHANTEIRO
(Arquivo Municipal de Ferrol)


Máis adiante o publicista continúa escribindo con referencia á procesión: “Y a las doce, acabada la misa, sin plática, sale la procesión. Cruz alzada; la Virgencita en andas, vestida de largo manto azul, tocada con pendientes, sortijas y pulseras desmesuradas; luego tres sacerdotes, después cuatro músicos, últimamente, cortejo de hombres descubiertos y mujeres cubiertas. Más mujeres que se arrodillan al paso y más hombres que se quedan en pie, descubriéndose más o menos en razón inversa del cuadrado de la distancia; las dos campanas que mezclan el descosido repique de la buena con el cascado sarteneo de la inválida, agitadas las dos por el chiquillo que, allá arriba, se acerca al alero cuanto da la cuerda, a fin de repicar y andar en la procesión en cierto modo .... y en fin, la continuada cohetería disparada ahora desde tres o cuatro sitios en fuegos cruzados”.

O escritor Antonio de la Iglesia remata o devandito traballo (44) que fixo o ano 1864 sobre o santuario de Chanteiro cunhas verbas nas que laméntase que o pobo de Ferrol deixase de cumprir coa ancestral ofrenda:

“Después de orar como el peregrino en este santuario, sálese naturalmente a participar de la vista de aquellas florestas, viñedos y ensenada a donde en otro tiempo la villa del Ferrol concurría un día del año, el lunes de pascua de Pentecostés, a presentar a la Virgen el tradicional Voto de Chanteiro, consistente en una flor natural y unas libras de cera, todo más rico que por su intrínseco valor por la fé y buena voluntad con que se ofrecía. Hasta nuestros días duró tan poética costumbre desde los estragos de la peste de los siglo XIV y XV. Hoy se halla conmutada sin salir el pueblo ferrolano de sus muros, ni mandada la ofrenda a este santuario como parecía regular al menos, sinó que se queda en una capilla de casa, o sea del mismo pueblo de Ferrol. ! Qué bien caracteriza una época este rasgo !”

O poeta Benigno de la Iglesia González, irmán dos polígrafos tamén santiagueses Antonio, citado con anterioridade, e Francisco - que foron expoñentes do primeiro Rexurdimento galego -, escribiu en castelán o ano 1863, mentres estaba destinado en Ferrol, un longo poema narrativo dunha extensión de case dous mil versos que titulou “Dos flores y un amor o el Voto de Chanteiro. Leyenda del siglo XV” (45). Dentro dunha liña romántica e intimista o autor compostelán achégase á lendaria historia de Chanteiro a través dos amores de Estrella, moza do lugar, e Nuño, “paje del altivo señor Freire de Andrade”.

Nunha composición dramática de interese histórico e que non carece de certa calidade literaria o poeta describe as cuítas amorosas de ámbolos dous xoves, utilizando como marco poético para as súas relacións amatorias o coñecido símbolo da “flor de Chanteiro”, o que lle vale como argumento dramático dentro dun cadro narrativo máis amplo que inclúe unha lírica, sentimental e, ás veces, algo reiterativa descrición da tradicional lenda de Chanteiro, de sons evocadores e con rascos románticos que non exclúen unha valoración idealista pola parte do autor.


(44) Antonio de la Iglesia. Obra citada. Páxina 2.

(45) María R. Saurín de la Iglesia (edición e introducción). Benigno de la Iglesia González. Poesías. Páxinas 35 a 76. Librería del Campus. Ferrol, 2004.

ILUSTRACIÓN 10. NOSA SEÑORA DE CHANTEIRO. XILOGRAFÍA/RASO BLANCO. I. BROCOS
(Museo de Pontevedra)


Ao longo do seu extenso traballo de reconstrucción histórica o poeta vai facendo unha serie de descricións referentes á ermida da Virxe de Chanteiro, á chegada da peste a Ferrol, á viaxe desde o peirao de Curuxeiras, a ofrenda da flor e a cera ou á función do Voto, relato que vai acompañando de reflexións persoais. Así podemos ler en diferentes pasaxes da narración:

Todo es silencio y soledad: la bruma
callada y fría en el Ferrol se posa
y cual mortaja el pensamiento abruma
de luto y muerte en soledad llorosa.
Ni luz da el sol, ni forma el mar espuma,
ni alegre ríe, ni se queja undosa:
todo en la tierra muda y tristemente
el seco paso de la muerte siente.

Del año mil cuatrocientos
y cuatro, de aciago nombre,
asoma el lunes de pascua
de Pentecostés, y sobre
la superficie del mar
que ocultan casi los botes,
vése bullir todo un pueblo
que viste negros colores.

Así las calles de Ferrol sembradas
se hallan de muerte y destrucción. No hay punto
en que las garras de la muerte heladas
no sean de llanto y de temor asunto:
luego las voces tristes y pausadas
de las campanas que no cesan,
junto con el medroso paso apresurado
del que huye con la muerte siempre al lado.

De Corujeiras al muelle,
humilde y modesto entonces,
llegan al fin y se embarcan,
y se apiñan los botes,
y cual dos negras estelas
que el sosiego del mar rompen
hacia Mugardos avanzan
en su procesión veloces.


Mas en baja, escarpada colina
que a perderse va suave en el mar,
se alza triste una humilde capilla
do el marino a su vuelta va a orar.
Y el que rey de aquel mar se llamara
de rodillas al verle se hincó,
y a la Virgen, tal vez por costumbre,
silencioso una Salve rezó.

A longa composición, que o autor dedicou o 3 de Xuño de 1863 en Ferrol ao seu irmán Francisco de la Iglesia (46), finaliza cos seguintes versos:

De toda aquesa historia que he contado,
lector, por tu amistad unicamente,
sólo unas pobres ruinas han quedado
y una pequeña ermita
que el campesino rústico visita;
del voto y de la flor, sólo una huella
que el verde musgo tristemente oculta
de la montaña aquella
sobre la falda solidaria e inculta.

Por más de cuatro siglo respetaron
la veneranda fe de sus mayores
aunque su ofrenda con baldón viciaron
cambiando en oro las modestas flores;
hoy, por temor al mar, de otra capilla
ante otra imagen, ya sin fe se humilla
un limitado pueblo
y sólo el voto de hoy a mi memoria
recuerda acaso esa doliente historia.

Xa para rematar, reprodúcese o contido do Bando que publicou o 4 de Xuño de 1840 Isidro Juan Vidal, alcalde constitucional da vila de Ferrol, polo que fai saber aos veciños a conmutación do tradicional Voto de Chanteiro, substituíndoo pola procesión en rogativa desde a igrexa parroquial de San Xulián ata a capela da Virxe do Socorro en Ferrol Vello, onde se levará a cabo a misa solemne e a tradicional ofrenda.

(46) Na dedicatoria ao seu irmán escribe que “le dedica esta leyenda, bebida en el único asunto tradicional de este pueblo tan moderno, o mejor dicho, de tan poca vida en tiempos no muy lejanos”. Benigno de la Iglesia. Obra citada. Páxina 261.


ILUSTRACIÓN 11. A ERMIDA DE CHANTEIRO

“EL AYUNTAMIENTO CONSTITUCIONAL DE LA VILLA DE FERROL

HACE SABER a todos los vecinos de la misma, que desde tiempo inmemorial cumplía esta villa en el lunes de Pascua de Pentecostés de cada año un voto que consistía en ir procesionalmente cantando la letanía al Santuario de Ntra. Sra. de las Mercedes, en Chanteiro, donde se celebraba el santo sacrificio de la Misa y se entregaba a la capilla una flor y seis libras de cera. La época en que este voto ha principiado y la causa que lo motivó, no consta de ningún documento; pero se dice, y acaso esta noticia se considera por tradición que fue otorgado por los habitantes de esta villa en el año 1404 de resultas de una peste que los había afligido. Justo es que cumplamos las promesas de nuestros ascendientes, pero el modo con que lo cumplimos ¿será el conqué ellos lo habían instituido? Ellos hacían una fución de penitencia para rogar al Todo Poderoso no se repitiese aquel azote, y nosotros, desconociendo el origen, llegamos a convertir esta función en una verdadera fiesta de diversión y regocijo.

Para que esta promesa volviese al obgeto a que fuera establecido por nuestros abuelos, pues del modo que se cumplía era más propio para ridiculizar los actos venerables, de nuestra Sacro Santa Religión que para implorar la clemencia del Altísimo, acudió el Ayuntamiento, ya antes de ahora, al Ilmo. Sr. Obispo de la Diócesis y últimamente en 16 de Diciembre de 1839 al Sr. Gobernador del Obispado, para que aquel voto se conmutase de suerte que conservando el espíritu con que fuera hecho, se evitasen los males que resultaban del modo con que se hacía, y fuese más acepto a la Divinidad; quien en uso de las facultades apostólicas de que se halla revestido, resolvió en 30 de dicho mes y año debía conmutar y conmutó el mencionado voto, en que el Ayuntamiento de esta villa haya de ir procesionalmente en el espuesto segundo día de Pascua a la capilla de Ntra. Sra. del Socorro, llevando en rogativa al Patrono S. Julián, celebrando allí la misa a la Santísima Virgen y ofreciéndola doce libras de cera, y a mayor abundamiento declara: que por esta comunicación queda ecsenta la villa de Ferrol de la obligación a que se había constituido en 1404 de ir en procesión al Santuario de Chanteiro.

Y siendo para el día 8 del actual, el en que por primera vez se ha de dar cumplimiento a esta providencia, el Ayuntamiento de acuerdo con el Sr. Cura párroco, lo pone en conocimiento del público, para que los que gusten asistan a esta rogativa que saldrá a las nueve de su mañana de la Iglesia parroquial, llevando en ella al Patrono S. Julián con las doce libras de cera a la capilla de Ntra. Sra. del Socorro donde se celebrará una misa solemne, concluida la cual se cantará una salve a la Santísima Virgen y regresará la rogativa a la Iglesia.

El Ayuntamiento espera que los vecinos de las calles por donde debe transitar la rogativa y procesión, que serán los de costumbre, tendrán el mayor cuidado en tenerlas sin tropiezos, limpias y barridas así en dicho día segundo día de pascua, como en el día de la procesión del Corpus. Ferrol, 4 Junio de 1840“

EL VOTO DE CHANTEIRO
Antonio Masdías Quintela
Ferrol antes del siglo XVI era tan sólo un pueblecito de pescadores de litoral que estaba sujeto a la jurisdicción del Conde de Lemos desde la unión con la Casa de Andrade, a quien se lo había donado la Casa Real desde la primera mitad del siglo XIV. Es cierto que había algunos cotos de señorío eclesiástico, pero no eran importantes.

De todas maneras Ferrol era la villa más importante de todas las feligresías de la zona de la ría. Su límites estaban fijados entre el río de Esteiro, que lindaba con el coto de Caranza perteneciente a los benedictinos de Jubia y las puntas de Perlío, Preixo y Coitelada.

La peste y el incendio fueron dos grandes calamidades que afligió a Ferrol. Hubo una epidemia general en 1348 que atormentó a Asia y Europa y dejó muchos cadáveres en Ferrol.

Tales desastres se repitieron en 1400 y 1404 de tal manera que los religiosos del antiguo convento de San Francisco tuvieron que administrar los sacramentos, al haber fallecido todos los sacerdotes de la comarca.

De ese época tuvo origen el voto denominado de Chanteiro.
Ya existía en el lugar llamado de Chanteiro, parroquia de San Pedro de Cerbás, una ermita con el título de priorato, bajo la advocación de Nuestra Señora de los Remedios y de las Mercedes.

Los pescadores tenían tanta devoción a la Virgen que al descubrir la ermita entre las puntas de los cabos Segaño y Coitelada, saludaban a la Virgen con efusión.

Al ver los estragos de la peste, los ferrolanos acudieron el lunes de Pascua del año 1404 a postrarse a los pies de la imagen de la Virgen, implorando su clemencia y ofreciendo llevar todos los años el peso de cera equivalente a la medida del templo (seis libras).
La epidemia fue disminuyendo y pronto desapareció, por lo que desde aquella los ferrolanos le llevan a la Virgen velas y una flor del tiempo para colocarla en sus manos.

Pero el voto de Chanteiro, como dice Montero Aróstegui, “se fue degenerando y corrompiéndose, como todas las cosas del mundo, y lo que anteriores siglos había sido un acto de devoción, penitencia y recogimiento religioso, se fue convirtiendo en un objeto de distracción y regocijo, pues la rogativa constituyó una de las principales romerías del país, y la disipación sustituyó a la modestia y humildad de nuestros abuelos”.

Con el tiempo se fue aumentando el lujo y la ostentación de la rogativa. Ya no se llevaba una flor del tiempo (flor de Chanteiro) sino un elegante y lujoso adorno que llevaban en andas con la cera y decorado con flores artificiales y otros atributos y jeroglíficos, entre los que resultaba el timbre
heráldico de Ferrol.
Aróstegui nos señala que “al embarque de La Flor una inmensa concurrencia acompañaba la rogativa hasta el muelle de Corujeiras, desde donde se conducía con el mayor decoro en la falúa del general de marina hasta el puerto de Mugardos. La comitiva y los muchos vecinos que asistían a aquella romería, se embarcaban en los botes que con profusión concurrían de los diferentes puertos de la ría.

Esta misma concurrencia se encontraba por la tarde al regreso de la rogativa, en medio de multitud de fuegos y aclamaciones que se confundían con los ecos de las músicas militares. En el lugar del Baño, jurisdicción de Mugardos, tenía el procurador general preparada una abundante comida para el clero, el secretario del Ayuntamiento y demás personas de la comitiva”.

El primitivo voto de Chanteiro se cumplió hasta 1839, llevándose el día 8 de junio de 1940 la
conmutación y nuevo ofrecimiento por el que se ofrecían doce libras de cera pero celebrando la misa en la capilla de Nuestra Señora del Socorro (inmediata al muelle de Curuxeiras) y llevando allí a San Julián, no teniendo, pues, que pasar procesionalmente al santuario de Chanteiro.