viernes, 10 de abril de 2020

" CENTRO DE CERVÁS " - ARES ( A Coruña) --- (Reseña histórica)


"Centro de Cervás" - ARES (A Coruña)





CENTRO INSTRUCTIVO DE PROTECCIÓN Y RECREO DE CERVÁS (ARES) - A CORUÑA

No ano 1924, fundouse en Cervás unha Sociedade co nome de "Centro Instructivo de Protección e Recreo" que tiña 163 socios. Dende o 28-2-24 ata o 22-3-28 tivo como local un baixo alquilado. En febreiro do 1928 comprou unhas terras (catro ferrados menos cuarto), que lle valeron 14.000 ptas. (unhas 3.606 ptas. ferrado, e teñamos en conta que o ferrado ía daquela entre 200 e 300 ptas). Este astronómico precio púdose pagar gracias ás cuotas de 1 pta. dos socios e ás aportacións das delegaci6ns de Cuba (50 centavos) e Estados Unidos (1 dolar), aportacións que máis tarde axudaron a construir o edificio propiedade da Sociedade, xunto coa aportaci6n en man de obra dos socios. O edificio quedou rematado un ano despois.
Constaba de tres seccións; Instrucción, Protección e Recreo.
A sección de Instrucción, comprendía todo o relacionado coa cultura, facéndose obras de teatro, conferencias, etc. estaba suscrita a varios periódicos e revistas e sobre todo tiña unha fabulosa biblioteca.
No eido do Recreo, a Sociedade celebraba bailes, e tiña diversos xogos (damas, xedrez, etc).
A sección de Protección tiña unha importancia especial, xa que se lle pagaba o socio que non poidera traballar por estar enfermo (previa xustificación médica). Viña a ser como unha Sociedade con Seguridade Social, pois naquel tempo non existía tal Organismo.
O día 26-7-36 foi incautada a Sociedade polo Réxime de Franco (comenzos da guerra civil). Roubaron todo o que alí había (sillas, mesas, cortiñas, vasos, sillas, a barra do bar e a súa estantería e estas foron parar a un bar de Ares e tamén desmantelaron a biblioteca. Uns libros ainda están hoxe en casas particulares e outros os queimaron por ter as pastas roxas. Os militares de Montefaro incautaron unha radio que tamén tiña a Sociedade "Con objeto de no falsear la verdadera situación de España por medio de estaciones clandestinas, procedo a la incautación de la radio marca ... " firmado el teniente Jesús Rojas.
Dende aquela a Sociedade queda desarticulada debido á situación política que atravesaba o país.
No ano de 1946 o local do Centro foi cedido a F.E.T. y de las J.O.N.S. apoiándose nunha lei do ano 1939 de incautaci6n de bienes marxistas.
No ano 1959 fúndase a Sociedade Deportiva e recreativa "Artabro" e lle foi cedida unha parte do local. Por este tempo xa pasara a ser propiedade da Organizaci6n Sindical, a cal no ano 1973 por medio dunha "escritura de donación" pasou o Axuntamento coa condición de que fora adicada a ben público.
Neste mesmo ano o Axuntamento tratou de alquilar o edificio ós veciños, pero nunha Asamblea Xeral foi rechazada dita proposta por maioría, por entender que non era o alquiler senón a devolución o que procedía.