jueves, 9 de diciembre de 2010

Apuntes históricos de Ares

APUNTES HISTÓRICOS DE ARES
Ares está situado no "seo dos ártabros", pobo de raza celta que a
ocupou e do que quedaron moitos vestixios, asi como doutros pobos que nela se estableceron ou por ela pasaron, atopándose no municipio varios castros. Existen tamén restos dunha casa romana e dunha fábrica de salgadura á altura do Seixo. Ademais dise que o antigo camiño empedrado, que viña desde Pontedeume por Redes e seguía a Mugardos, era unha vía romana.

Descoñécese a etimología de Ares, aínda que puidese ser fenicia xa que Ara Solis era unha cidade deste pobo en Finisterre. O historiador ferrolán Benito Vicetto afirma ser grega e que en Montefaro, monte en cuxa ladeira está a vila, habia un templo ao Sol. Fai uns anos nunhas escavacións realizadas en terreos do ex convento de terciarios de Montefaro apareceu unha pedra cun disco solar, que puidese corroborar o afirmado polo citado escritor. A devandita pedra áchase exposta no xardín museo do citado convento.

No mesmo monte hai un lugar chamado "Pena Bailadora" que sen dúbida alude a monumento megalítico celta.

Ares era o nome que os gregos daban ao seu deus de guerra Marte. Con todo o historiador Verea e Aguilar e tamén Garcia de Régaa inclínanse pola ascendencia céltica xa que AR ou ARU é de raiz céltica e indica Deus e con este nome e derivados fundaron numerosos pobos na zona que ocuparon: Ares, Areosa, Arousa, ..... que dan fé do afirmado.

Ares ten como escudo de Armas un castelo que, sen dúbida, fai referencia aos numerosos que guarnecían o seu territorio: S. Martín de Padilla e Segaño na ría de Ferrol; Sta. Mariña, S.Fernando, Raso e os que defendían a entrada do seu porto na ría de Ares. Tambíen puidese facer alusión á torre que campea no escudo dos Andrade de poderosa familia que, xunto co Cabildo de Santiago, ejercía o señorío no territorio. A Vila era pertenza do Cabildo da Iglesía de Santiago que nomeaba nela os Xustizas e demais cargos públicos aos que logo esixía conta da xestión cada catro anos nos "Xuízos de Residencia". Modernamente engadíronselle ao escudo dúas cocas sobre as almenas, paxaro que abunda na ría, segundo pódese ver no novo edifico consistorial.

De momento descoñécense razas aborígenes anteriores á celta. Deste pobo quedaron na topónimia local abundante léxico: Ixobre en San Vicente de Caamouco, parroquia do Concello; Castro e Mayobre en Ares; Castro, Cruz dos Castros na parroquia de Cervás e sobre todos eles Lubre, o lugar sacro para este pobo celta. Polo citado vese que abundan os "castros" Aínda que ningún conserva un bo estado debido á desapiadada destrución sistemática a que foron sometidos en busca de imaxinativos tesouros".

Os romanos tamén deixaron constancia do seu paso como nolo recorda a Ponte da "Ciscada" e que está sobre a vía que conducía de Ares a Pontumio (Pontedeume). Tamén a toponimia indícanos esta presenza: Coitelada, Agarrios, Outeiro, Torre, Vigo, Porto, Lago....

Os suevos tamén deixaron sinal nesta terra: “Aten” é un lugar da parroquia de Cervás, que en xermano indica pai. Con motivo dun preito entre o arcebispo Gelmírez e o bispo de Mondoñedo D.Gonzalo, sobre xurisdición en Bezoucos, arziprestazgo que comprende Ares, na avinza a que deu lugar asina como testemuña o párroco de Cervás Almóndiz, no século XII, de indubidable ascendencia sueva.

Dos árabes pouco cabe citar xa que aqui non permaneceron e só o facían nas "razias". Os historiadores fálannos dunha batalla en Pontomio con D. Fraguela e tamén en tempos de Afonso II o Casto que librou outras dúas contra os árabes nesta Comarca. Aínda hoxe subsiste na vila unha praza co nome de "Alfolí", de orixe árabe.

Os ingleses tamén apeteceron estas terras, como sucede no ano 1.719 en que desembarcaron no areal de Chanteiro, parroquia de S.Pedro de Cervás, nun simulacro de caer despois sobre Vigo. En 1.804 e con motivo do cerco de Ferrol a escuadra inglesa se enseñorea da ría chegando a carenar os seus buques no areal do Raso.

Os franceses estiveron dúas veces na Vila, no ano 1.808 e 1.823 do que hai abundante testemuño no arquivo municipal.

A Casa dos Andrade. Como queda dito, exercía o seu señorío no municipio e percibía a renda de froitos chamada "Pan de Chanteiro" que se recollía en Lubre, parroquia matriz da Vila. O máis poderoso nomeado desta familia Fernán Pérez de Andrade o "Bo" edificou na parroquia de S. Pedro de Cervás, lugar de Chanteiro a ermida de nª Sra. Da Mercé e en Montefaro o mosteiro de terciarios de Santa Catalina. Para sustento da Comunidade concedeulles a vila de Mugardos e portazgo da ponte de Puentedeume, onde habia hospital para peregrinos e capela onde debía dicir Misa a Comunidade na súa honra.

Tamén ten importancia a igrexa románica de Lubre, que era do Cabildo, e que foi parroquia ata 1.720, No seu interior hai interesantes laxas sepulcrais de familias que deron notoriedade á Vila, así como un primitivo altar pétreo. Algún historiador afirma que non debe darse demasiada antiguedad a esta edificación porque se descoñece que en 1.753 foi reedificada case totalmente polo Cabildo, porque ameazaba ruína e un dos Mestres que interviñeron na reconstrución, enviado polo Cabildo foi Francisco de Monteagudo.

Mención especial merece a colonia xudía que existiu na Baixa Idade Media en Ares, chegaron a Ares fuxindo da persecución dos Reis Católicos e establecéronse no século XV no barrio do Porto, á beira do mar, para traballar no comercio do sal, a importancia desta colonia era tan grande que ata tiña a súa propia sinagoga, da cal consérvase unha parte da estrela de David que hoxe serve de dintel dunha casa. O marqués de Lozoya e D. Ramón Menéndez Pidal citan este dato.

No arquivo municipal áchanse nomes de personaxes judios intervindo activamente na política e cultura do pobo. Achamos o nome de D. Manuel de Castro e Almeida, xudeus procedentes de Portugal e que levaban en arriendo as salinas da Vila. No ano 1.665 figuraba unha petición de Bernardo Tortora para enviar ao seu fillo Antonio a estudar ás Universidades de Salamanca, Bolonia e Roma. Figuran tamén os apelidos Coello, Calamar, Flores, Coronel e Ferro, este último de Betanzos onde eran banqueiros.

En 1.673 D. Manuel de Castro leva en arriendo o sal en 5.000 ducados por Ares e 3.000 pola de Puentedeume.

Desde mediados do século XVIII chegaron a Ares os "Fomentadores" cataláns que introduciron procedimeintos novos para a conservación do peixe, o que contribuíu a dar un novo impulso á economía do municipio, pero esta actividade foi perdendo importancia ao mesmo tempo que o municipio perdía poboación que, buscando mellores condicións, dirixíase a Ferrol, Cuba e outros destinos.

Durante os séculos XVIII e XIX menciónanse en diversos escritos os viñedos de Ares. Entón a familia Curbeira, por 2 ferrados de viña, xa pagaba ao Cabildo de Santiago, en 1756, unha galiña por foro. Co imposto sobre o viño foron establecidas as dotacións para implantación das Escolas Públicas en 1.844. A calidade destes viños era superior á dos de Betanzos, pero actualmente non hai colleita xa que, a mediados do século XIX a filoxera destruíu os viñedos da rexión e as viñas non foron renovadas.

O Ensino tivo importancia en Ares onde había un importante núcleo de fidalgos que enviaban os seus fillos á Universidade. Así achamos que en 1.646 Alonso de Leiro paga 25 ducados pola estancia dun curso na Universidade de Santiago do seu fillo Juan. O primeiro Mestre de primeiras letras de que temos noticia é Alonso de Chanteiro en 1.675 que percibia 500 reais ao ano.

Debía ser numerosa a colonia estudantil en Ares por canto achamos que en 1.656 celébrase unha festa en honra de San Roque con comedia e corrida de touros, e en anos sucesivos, por iniciativa dos Estudantes fillos desta vila ".

Modernamente e a principios de século os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a " ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCION" (1904), Institución decana en Galicia para a Educación. Viviu unha época na que o retorno dos emigrantes que fixeran fortuna en América, empezaron a edificar na súa localidade natal novas casas, as coñecidas casas de indianos, para mostrar os logros obtidos no estranxeiro. Ademais construíron colexios e centros culturais de gran importancia arquitéctonica e cultural, que daban acceso aos seus concidadáns a un mellor futuro que o que os obrigou a eles ao exilio.

Segundo o censo de comezos do século XX, Ares constaba dunha vila, un lugar, 47 aldeas e grupos menores que reunían 4.488 habitantes de feito e de dereito 5.333. En 1909, a poboación agrupábase en 1758 edificios.

Cando se creou o moderno escudo municipal se desbotaron as armas dos Andrade e dos cabildos eclesiásticos que señorearon sobre Ares, para substituílas por un castelo, que alude á defensa das praias a finais do século XVIII. Tamén aparecen no escudo uns corvos mariños sobre os seus almenas.

Entre as familias fidalgas de Ares podemos citar aos Baamonde, da que descende o xeneral Francisco Franco pola liña materna, cuxo escudo de armas campea nunha casa da Vila. Tamén os Solloso, ilustre familia de escribanos e cóengos ten a súa casa solariega en Lubre. Mención especial merece D. Francisco Bermúdez de Castro e Sangro, señor do Piñeiro, fermoso pazo hoxe reconstruído, en San Vicente de Caamouco, que se dintinguió na loita contra os franceses en 1.808 e foi comisionado pola Xunta Suprema de Galicia a Londres para que solicitase do goberno inglés auxilio para a loita, mostra da gran estima que o rei Jacobo tíñalle, é unha tabaqueira de ouro e brillantes que este último regaloulle. Mencionaremos tamén a D. Antonio Cabaleiro, natural de Caamouco e intendente de rendas e "persoa ilustrada" na corte dos primeiros Borbóns.

Tamén cabe citar entre os fillos ilustres de Ares aos irmáns poetas D. Juan e D. Francisco Trillo Figueroa, pois naceron no castelo de S. Martín de Padilla, forte que defendía a entrada da ría de Ferrol en termos de Ares, onde o seu pai era castelán. D. Juan é autor de genealogías e D. Francisco dun poema épico sobre a xesta do Gran Capitán en Italia: "Neapolisea".

CRONOLOXÍA

38 a.c. Aparece constatada a presenza de Julio Bruto dirixíndose por mar cara a Betanzos.

Século V

d.c. Invasión sueva, constatándose cara a mediados do século IX a presenza de suevos nas costas aresanas.

884 Chegada da primeira expedición de viquingos ás costas aresanas; logo dun ano, o rei Ramiro I, O Monxe, fíxoos reembarcar queimando aos daneses 70 naves.

997 Os aresanos volven alarmarse debido á presenza de Almanzor en Pontedeume, despois do saqueo de Santiago, aínda que non se decidiron a vadear a ría.

1134 O arcebispo Gelmírez, de acordo co Cabildo compostelán e previo consentimento de Afonso VII, concedeu ao conde Fernando Pérez de Traba a vila de Lubre. A finais do mesmo ano, foi de novo recuperada polo arcebispo.

Mediados do s.XIV

Comeza para Ares un dos períodos de maior axitación. Enrique II, vencedor de Pedro O Cruel, colmou de honras á seu valedor: Fernán Pérez de Andrade, cedéndolle as terras que se divisaban desde a Torre de Nogueirosa ata os cumes do Cabo Prior. Foi señor absoluto da comarca.

1404 Unha peste de cólera azouta a cidade de Ferrol. Nace o voto dos ferroláns á Virxe de Chanteiro.

1690 Desembarca xunto ao castelo da Palma a princesa Mariana de Neoburgo, para casar con Carlos II, sendo acompañada pola xustiza e o pobo de Ares ata Pontedeume. En agradecimeiento concedéuselle unha cédula real (marzo 1691) pola que se eximía de levas e requisas ás xentes do mar de Ares.

1750 Comezaron a chegar os cataláns coñecidos como "Fomentadores" que introduciron novas técnicas para a conservación do peixe.

1757 Comeza a construción dun castelo na punta meridional da ensenada co obxectivo de defender a ría

1804 A escuadra naval inglesa, logo de fracasar en Doniños, fondeou ameazante na ensenada de Ares.

1805 Os ingleses levantaron o bloqueo e en Ferrol estableceuse unha factoría de máquinas de vapor. Moitos dos técnicos ingleses que alí traballaban fixan a súa residencia en Ares

1809 Desmantelamento do castelo edificado en 1757 na punta meridional da ensenada

1859-1860 Constrúese o dique con parte do diñeiro recibido pola indemnización estatal tras a guerra de Marrocos.

1904 Os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a "ALIANZA ARESANA DE INSTRUCCION", institución decana en Galicia para a Educación.

1933 Un incendio destrúe os retablos da Ermida de Chanteiro durante a noite do 28 ao 29 de xuño.

Recompilación baseada en Apuntes de D. Antonio Felpeto de Cervás


ChanteiroBlog de Romayo

http://www.restaurantebitacora.es/ ¿Qué visitar?

2 comentarios:

  1. Todo lo que sea recuerdos historicos me parece bien.
    No estaria de mas que don Julio, a la vista de tanto retazo suelto por lugares extraños, se decidiese a patrocinar un libro tal y como hicieron sus colegas en Mugardos.
    Malo será. Juan Andrade

    ResponderEliminar
  2. Item mas:
    Felicidades a Bitacora.
    Al menos sus notas no contienen tantas impreciosiones como hay en la publicidad de la Casa Rural de La Queira.

    ResponderEliminar