De pequeno, facía o que nos era común a todos os nenos de Chanteiro: correr, xogar, botar a flotar os barquiños feitos de madeira ou de casca de piñeiro e noces, nos ríos-lavadoiros de Outeiro, Grela, Xurxo ou Cal. Iso cando non estaban as mulleres lavando e tendendo a clareo.
Ao redor dos oito anos marchou a vivir a Ferrol, por razón do traballo do seu pai. Pero seguía vindo a Chanteiro, a casa da súa avoa Amalia, case todos os fins de semana e en vacacións.
Gustáballe moito a caza de paxaros. Para iso usabamos unhas paxareiras feitas de carabullos de bimbio que armabamos nas hortas poñéndolles unhas faragullas de pan de mainzo ou grans de trigo.
Nelas apresabamos merlos e gorrións principalmente.
Pero "Pepiño de Coira", destacaba sobre todo no uso do "tirabalas ou tirachinas", que construïamos tamén cunha "galla" apropiada de rama de árbore, dúas tiras de goma extensible e unha banda de coiro onde se puña a munición que era normalmente pedreciñas, aínda que Coira chegou a usar anacos metálicos, para facer mellor impacto.
Os gorrións grosos, estorniños, merlos e pombos caían a ducias das árbores, cables do tendido, postes e ata ao voo. Tambien caían algunhas lámpadas do alumado, principalmente as fundidas para que fosen repostas.
A puntería de Coira era fabulosa, non fallaba tiro. No inverno cazaba avefrías para comer fritas e asadas.
Pero, aparte de todo isto prestáballe especial atención á música, sempre de oído.
Collía calquera instrumento, aínda que fóra de xoguete e empezaba a sacar notas e melodías.
Sabíase que viñera Coira porque sentíanse sons musicais na casa da avoa Amalia, no lugar do Outeiro. Podía ser a harmónica, punteiro, acordeón, gaita, fra
uta ou saxofón.
Á gaita téñolle feito eu os roncóns de canas que tiña Amalia na súa horta e as palletas de pel da dura cana dos mangos das escobas, ben desbastadas con anacos de cristal e colocadas sobre un canutillo de lámina de aluminio e recubrindo logo con fío. Así se aforraba de compralas en Montalvo en Ferrol.
Aos doce ou catorce anos era Coira "O Mago da Harmónica" que participaba nos concursos das emisoras de radio: "Camino a la Fama" de Radio Ferrol e "Desfile de Estrellas" de Radio Nacional de España en Coruña. Triunfaba nas eliminatorias e conquistaba os trofeos e títulos finalistas.
Eran famosas as súas interpretacións de "Capricho Tirolés" e a polka do "Barril de Cervexa", máis coñecido en Ferrol como "Galatea", xa que se cantaba con esta letra: "Ti Galatea/ es o barco mellor/ que se cimbrea/ desde babor a estribor/ ...."
Ademais Coira tamén participaba nos festivais do Jofre, Rena, etc.
Despois coa gaita xa actúaba en romarías, alboradas e pasarrúas. E ademais onde fose preciso armar argalladas en tascas e charangadas.
Nin que dicir que tamén actuou en moitas Agrupacións Folclóricas e Coros de Ferrol e comarca.
A súa fama levoulle a fichar así mesmo en "Cantigas dá Terra" de Coruña. E esta insigne formación galega mandouno a Francia como mestre gaiteiro da "Casa de Galicia" en París.

Alí pilloulle a revolta do "Maio do 68", e ao volver a Ferrol pasou uns días detido na Comisaría, onde foi interrogado das súas actividades en Francia. Todo iso a pesar de que o seu pai era militar de Infantería Mariña e mutilado no bando de Franco.
Pepe Coira traballou de cristaleiro pero o compaxinaba actuado como músico en grupos e orquestras tales como o "Grupo J-5", "Sensación", "Ruada" e outras máis. Aquí xa empregaba como instrumento o saxofón, aínda que tem
Porque actualmente e en idade de xubilado, segue actuando no trío "La Clave", con ocupación e contratos continuados, sen que lle afecte para nada a actual crise.
Os seus boleros, merengues, pasodobres, guarachas e muiñeiras arrasan nas salas de festas, verbenas, vodas e guateques nos centros da terceira idade.

"A VOLTA DE AMALIA"
"Amalia" era unha viúva entrañable, festeira e parrandeira.
Na súa casa do Outeiro chanteirés era onde Coira ensaiaba a súa música e tamén onde "Lolo do Outeiro", fillo de Amalia e tío de Pepe Coira, preparaba os dispositivos para os famosos en toda a comarca "Antroidos do Carnaval".
Ademais a Casa de Amalia era tan coñecida que daba nome a unha das principais curvas da estrada de Chanteiro, a que dá entrada ao mesmo camiño do Outeiro, coñecida devandita curva como "A Volta de Amalia".
Aquí temos a foto de Amalia bailando co meu avó Manolo Rebón e o meu pai Sotero. Por detrás están as gaitas de Coira e outro compañeiro nun día da Festa da Mercé, ao redor de comezos dos anos sesenta do pasado século XX.
.
Moitas gracias por esta entrada. Chámome Marta Corral e son amiga do fillo de Pepe Coira, de Fernando (que tamén é músico e ademáis dos bos), que está moi emocionado lendo todas estas palabras adicadas ao seu pai e á súa avoa, da que sempre conta fermosas historias.
ResponderEliminarA seguir remexendo na memoria por moitos anos e oxalá que houbera alguén coma tí en cada ún dos lugares da nosa terriña.
Saúdos!
Moitas grazas Marta, por volver a rememorarme aqueles tempos que tanto recordo con nostalxia e agarimo ...
ResponderEliminarSaúdos tamén.