martes, 15 de diciembre de 2009

“Juanito de CHANTEIRO” e as Festas Patronais


”Juanito de CHANTEIRO” chamábase Juan Solla CHANTEIRO e debeu nacer ao final da segunda metade do Século IXX.

Era un dos poucos veciños que levaban o apelido CHANTEIRO. O último que recordamos foi o seu sobriño Angel Solla CHANTEIRO “Gelino”, falecido fai apenas uns anos. Este apelido, con todo, segue existindo noutros lugares e sobre todo na Arxentina.
”Juanito de CHANTEIRO” era un personaxe popular nos tempos da nosa xa afastada nenez e adolescencia.
Padecía certa deficiencia psíquica, frecuente na época. Vivía cos seus familiares na Cacheneria chanteiresa e pasaba a maior parte dos días metido no monte, apastando as vacas e recollendo l
eña e piñas. Tamén recollía raices de "zarzaparrilla" na zona do "Cruceiro" de Chanteiro, para vender as farmacias
Era coñecido e tiña amizade cos soldados das baterías de costa de Segaño e Coitelada, os cales facíanlle obxecto de chanzas, bromas e chirigotas. Pero é que a Juanito lle agradaba todo isto.

Gustábanlle tamén mirar as mulleres e éstas disfrazábano polo Antroido e levábano nas súas comparsas. Vestido de oso e amarrado cunha corda, as mulleres dicianlle: ¡dá un saltiño, Juanito!. E Juanito saltaba o tempo que dicía ¡qué te trisco!.

Chegou a ter unha noiva, que era unha criada de cociña nunha casa de Montefaro e que lle dicían "A Paraxoia"

Pero Juanito tiña tamén unha afección musical: tocar o tambor.
Ata o levaba o “Monte
do Cabalo”, onde practicaba mentres coidaba as vacas. Por veces levaba unha folla de papel a modo de solfa que colgaba nun toxo, coma se estivese lendo a música e en certas pasaxes da súa percusión repetía aquilo de “agora teño que redobrar”.
Juanito xunto co gaiteiro Albino Rebón, formaban un dúo que tocaba nas alboradas das festas patronais; non só da parroquia se non que tamén os chamaban doutras localidades da comarca.
Albino Rebón, como unha maioría de homes da época había estado nas Américas.
De regreso e cun “parche pirata” nun ollo que tiña baleirado, dedicábase aos labores propios dunha casa de labranza. Pero temén instalou nunha
adega unha fragua de carbón “A forxa” onde facía traballos de ferreiría.

Varios días á semana, á tardiña xa, sacaba a súa “gaita grileira” que él chamaba “a gaita do peto” polo seu pequeno tamaño. E alí na “eira de mallar o trigo” ensaiaba as suas tocatas con Juanito de CHANTEIRO.
Xuntos, tocando nos seus percorridos polos primitivos camiños de terra, pasaron multitude de peripecias anécdotas e feitos curiosos.

=========================

Incluímos algunhas fotos antigas das festas patronais. Das poucas que debe haber desa época, porque ninguén tiña cámara fotográfica e os fotógrafos profesionais non viñan a CHANTEIRO por estar moi mal comunicado. Unicamente polos días de festa, que recordamos os “fotógrafos do paxariño”, co seu trípode e cámara con manga de onde extraían o cliché para o seu revelado instantáneo que efectuaban nun prato con auga e acedo. Conservamos algúns destes retratos amarelados e deteriorados.
A primeira foto debe ser a máis antiga, por canto o encintado das pedras con cal, da porta románica da ermida, parece como máis recentemente realizado.
Na seguinte as liñas de cal xa están máis deterioradas pola choiva e o tempo. Tamén a mata vexetal que crece entre as pedras está máis desenvolvida.

O gaiteiro que aparece nestes festexos podería ser Albino Rebón nos seus anos novos, aínda que sen Juanito. Pero podería ser seguramente algún outro de fóra do lugar, porque aquí estaba “O tio Cucheiro” que tocaba a gaita pouco e ao que lle puxesen de mote “O tío Carmiña”, porque soamente sabía tocar a peza “Vai bailar Carmiña”.

As outras fotos xa foron sacadas no lugar do “Campo dá Rega” onde se celebraban as verbenas e no atrio de Cervás, quizáis nun día de San Pedro.

3 comentarios:

  1. Aún hay tres personas en nuestra farmacia de Zamorano que recordamos al señor Juanito.
    Venía casi todos los días 21 con uno o dos sacos debajo del brazo, llenos de raiz y tallos de Zarzaparrilla de buena calidad.
    Se marchaba con su eterna sonrisa, llevando un puñado de monedas de "patacón" y otro puñadito de caramelos de café con leche. L. Alvarez.

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué gran ilusión me hace recibir este comentario!. Muchas Gracias!!
    Me remonta a mi adolescencia, cuando veía al entrañable Juanito recogieno la "Zarzaparrilla" y oía decir que la llevaba a Pontedeume.
    Seguramente iba lod día 21, porque era la Feria de Cabanas a donde iba mucha gente de Chanteiro a comprar y vender. Mis padres también.
    ¡Qué tiempos!, y además iban caminando a pié y volvían igual.
    Mi agradecimiento y mis saludos.

    ResponderEliminar
  3. Juanito tamén era algo coñero, e facíase ainda mais "tonto".

    Si lle dicías:
    -Hola Juanito, ¿como estás?
    -Díjoche e cóntoche que non sei que me pasa.
    -¿E lojo que tés?
    -Pois que me falas por este lado e oío por este outro.

    ================================

    Tamén cando certas mulleres o vacilaban para tomarlle o pelo, él as cortaba preguntándolles, ¿E logo a túa filla que fai?.
    Ou ¿Onde está Lolita, ou Casildita?.

    - ¡Nin un pelo de tonto!
    ===============================================
    Na súa época coicidira co auge da aparición dos "Platillos Volantes", e Juanito aseguraba que tamén os vira, e contaba cousas inventadas.

    ResponderEliminar