viernes, 10 de junio de 2011

Recordando con estas fotos, un comezo vital cheo de dificultades.

Recordando con estas fotos, un comezo vital cheo de dificultades.

Nacín nas posguerras.
Acababa a Segunda Guerra Europea e facía moi pouco que sufriramos a sanguenta, cruel e terrible Guerra Civil de España.

Anos de fame, miseria e escuridade para case todos.
Casa fría e húmida de pedra e barro, con piso e "caneiros" de madeira apolillada. As paredes e divisións encaladas. Sen teito, e con goteiras do tellado. Chan de terra pisada.
Familia incompleta, nacería outra irmán no 1951
Lolita e Roberto
Camas sen mantas e con pulgas e chinches. Roupa de "baratillo" e moitos remendos, que viñan poñer  as "costureiras" que viñan a casa e botaban todo un día remendando.
Alumeados de candil, velas e "bolboretas".


Cociña de lareira e trespés, con lume de toxo, cepos, piñas e carozos. O fume entraba pola tapa dá tarteira e había que sacar a espuma negra que se formaba cunha espumadeira.


Antes de chegar a un ano de idade atacoume a poliomielite. Aínda non había vacúas.

Cabalo de cartón do fotógrafo
Eu non decatábame, pero meus pais si. Toda a familia sufriu moito.
Había que criar un neno sen futuro. Pensaban que o peor viría despois. Pois cando eles faltasen, quén ía coidalo?
Todo se puxo aínda mais negro. Era un tormento, un sen vivir. Cavilando no porvir. Poderían chegar a ensinarlle o oficio de zapateiro, para que traballara sentado?
Todo era moi difícil, nun lugar tan apartado e incomunicado como aquel Chanteiro.

¡Maldita "polio"!, que deixou o cativo sen forza nas pernas.
Eran como de goma e sen movemento. Non podía aguantarse en pé. As pernas dobraban e caía. Chegaría a camiñar algo?
Pois si, mais ben mal, pero cheguei a andar.
Nun principio, preparáronme un caixón do tabaco de madeira cunha táboa dentro a modo de asentadoiro e sacáronlle o fondo. Puxéronlle unha rodas exteriores o que me permitía, agarrándome coas mans, apoiar os pes no solo e impulsar para deambular polo chan de terra, dun lado para outro. Así collía algunha fortaleza nas afectadas pernas.
Tocando a bice do fotógrafo Arjo de Ferrol

Esta existencia no caixón a pasaba xogando cos trastes que me poñían para entretemento: un cucharón vello, pinzas dá roupa de madeira, o aro dunha peneira ou dá sella, avións e barquiños feitos a navalla tamén de madeira ou casca de piñeiro, ....
Tamén desarmaba e volvía armar as pernas e brazos unidos con goma dás bonecas de cartón.

Mais tarde, con catro ou cinco anos, saín do caixón. Foi grazas a unhas botas preparadas cunhas tablillas de madeira con correas de tiras de coiro, amarradas as pernas, que facían de sostén e daban consistencia as febles pernas.
Estes artiluxios mos preparaban os zapateiros de Mugardos: "O Pío" tamén coxo, e "O Mesías" músico e amigo de meus pais.

Coa irmán Lolita e curmán Mª Jesus Rebón de Ares
Eles coñecían o meu caso, e debémoslles moito pola atención. Polas festas de "Mercé de Chanteiro" viñan facer unha visita a casa e tomaban algo do que había para a celebración.
Si, porque as festas celebrábanse, aínda con toda a necesidade.
Normalmente o almorzo era a base de papas de fariña ou arroz con leite dá cabra que tingamos. Tamén "cascarilla" en cunca con anacos de pan.



No  xantar, sempre caldo galego, case sen graxa, solo un pouco unto. E despois peixe e patacas. Parrochiñas, bocartes, bacallaus ou peóns, se é que había. Facíase un guiso de patacas en lenchas, con peixe salgado ou curado e cun rustrido de aceite con allos, cebola e pemento, que se lle dicía "picaracha" e viña a ser algo así como a caldeirada.

O peixe traíano as "peixeiras" de Mugardos ou de Ares, que viñan recorrendo os camiños cun paxe na cabeza e vendían por ducias, ou presas dá man se eran pequenos.
Tamén pescábase coa vara de cana na costa: bellos, bicudas, barbadas, maragotas. Se fritían e as veces salgábanse e "lañaban" poñéndoas a secar o sol, cravadas nun "jalleiro" colgado dun árbore ou varanda. Tamén sacaron moita fame os xurelos salgados.

Na ribeira dá costa tamén íanse a buscar mexilóns e "cucos" ou lapas, para facer unha comida de emerxencia.
comíase  tamén moito peixe de salgadura como arenques e "mariquitas". Carne non había, unicamente o que mataba un porco, do que se afacía a regalar a proba os familiares e veciños.
As ceas xa eran mais lixeiras: Ovos, caldo, mariquitas ou simplemente patacas cocidas con cebola. Acompañando, as veces con "tortas dá tixola" de masa de fariña.
O pan era sacro, aínda que fora de maínzo ou millo.
Proba deso era, que se che caía un cacho non chan, recollíase e dábaselle un bico.
 

Contarei mais.

jueves, 2 de junio de 2011

Canto a Chanteiro



Aromas de azahares, perfuman tus noches
la luna es un broche que cierra con luz,
se van los pesares, los llevan las olas,
y se queda sola tu playa en quietud. 

Chanteiro no te olvidaré, dulce tierra mía,
donde me crié.
Chanteiro no te olvidaré, en tu suave playa
Canto a Chanteiro
mi amor encontré.                                   (bis)


En un rinconcito de la costa verde,
se alza orgullosa la aldea de Chanteiro,
y allí contemplaba con mi amor soñando,
tu bella ensenada y tu Montefaro.


Chanteiro no te olvidaré, dulce tierra mía, 
donde me crié.
Chanteiro no te olvidaré, en tu dulce playa
mi amor encontré.





Esta Canción en letra y música fue compuesta por José Orozco Hostalris, conocido por "Valencia", fallecido ya hace años y que tenía y todavía tienen sus familiares una casita en la Playa de Chanteiro.
Buenos ratos pasamos cantando en los chiringuitos, de "Pitón y Pepita", "Mirando al Mar" de Zoqueiro y Mesías, "As de Copas" de Gelino y Daniel, "A Merced" de Ramón García, "O Parral" de Curro y el de "Larapetas".

Bueno, despues se acababa en "A Lareira", "Casa Juan", "Manolita",  "Quitapenas" de Pitón y "Bar Buenavista" de Emilio. Esto ya arriba, en Chanteiro City. (Años 1960/70)